CELRM.- A MESA CONSIDERA QUE O INFORME DO CONSELLO DE EUROPA É UN RESPALDO AO SEU TRABALLO E UN CORRECTIVO Á POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA XUNTA
[12/12/2008]
Carlos Callón: ?Aos de Galicia Bilingüe vailles medrar o nariz de tanto que menten?
A Mesa pola Normalización Lingüística valorou esta ma?á o informe do Consello de Europa sobre a aplicación en Galiza da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias (CELRM), subscrita polo Estado espa?ol en 2001, como un respaldo ao traballo da asociación e como ?un forte correctivo contra a política lingüística da Xunta e unha chamada de atención sobre a calamitosa situación do galego no ensino?.
Para o presidente da Mesa, este informe ?serve para valorarmos todo o que foi a política lingüística desta lexislatura e para deixar constancia unha vez máis de que o Plan Xeral de Normalización non se está a aplicar a pesar da propaganda do presidente da Xunta?.
?Quen critique o decreto de galeguización do ensino ou as galescolas, que lea o informe, porque non só respalda estas iniciativas, senón que pide que se tomen as medidas necesarias para que se aplique o decreto e reclama avaliacións periódicas sobre o seu cumprimento por parte de Educación, tal e como vén reclamando A Mesa?. ?Aos de Galicia Bilingüe vailles medrar o nariz de tanto que menten?, manifestou o presidente da Mesa. Callón sinalou que entre as recomendacións á administración galega que se recollen no informe, se inclúe a de ?que haxa unha li?a como a que está en vigor, cun mínimo dun cincuenta por cento de galego, e outra de inmersión en galego opcional e nestes momentos inexistente, en ningún momento se fala de que os pais poidan escoller unha educación exclusivamente en espa?ol, iso foi descartado polo Congreso dos Deputados no momento de ratificar a carta?.
O presidente da Mesa, Carlos Callón, asegurou en conferencia de imprensa que ?con este informe na man, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touri?o, debería destituír á secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, aínda que só fose por honestidade?. Callón asegurou que nas vindeiras semanas a asociación vai solicitar entrevistas cos grupos parlamentares e tamén cos distintos representantes institucionais aos que implican as recomendacións deste relatorio, como a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellaría de Educación, a Consellaría de Sanidade ou a Secretaría Xeral de Comunicación.
O máximo representante da asociación en defensa da lingua sinalou que este informe ?é un duro pau contra a Consellaría de Presidencia, que a día de hoxe é o departamento da Xunta que máis incumpre a lexislación lingüística a sabendas? e tamén para a Secretaría Xeral de Comunicación, polas recomendacións en canto ao galego nos medios, facendo especial fincapé na reducida presenza da nosa lingua en Radio Nacional e Televisión Espa?ola en Galiza.
A Consellaría de Economía tamén é unha das implicadas polas recomendacións do informe, segundo A Mesa, xa que, tal e como explicou o seu presidente, ?o Consello de Europa exixe un regulamento para os ámbitos financeiros e económicos?. ?A quen pode prexudicar que poidamos facer as nosas hipotecas en galego?, preguntouse Callón.
En canto ao relacionamento con Portugal, o presidente da Mesa asegurou que tamén se vai solicitar unha entrevista coa Consellaría de Cultura, xa que, tal e como se recolle no informe, é preciso fomentar máis os intercambios culturais con este país. ?É certo que se avanzou neste aspecto, porén aínda queda moito por facer?, manifestou Carlos Callón.
Galego estremeiro
Entre as recomendacións incluídas no informe elaborado polo Consello de Europa, préstase especial atención ao galego nas comunidades de Asturias e León. No referente ao galego da comarca Eo-Navia, administrativamente en Asturias, sinálase que ?se tomaron moi poucas medidas en beneficio desta lingua desde o último ciclo de supervisión? e que ?a identidade específica desta lingua continúa sen gozar dun reco?ecemento claro como variante lingüística do galego?.
O Comité de Ministros do Consello de Europa tamén insta o Estado espa?ol a que, no seu seguinte relatorio, aclare a situación do galego na comunidade de Castela e León, así como que ?adopte medidas, segundo proceda e en colaboración cos falantes, para a súa protección e promoción?.
Neste sentido, o presidente da Mesa, Carlos Callón, sinalou que a asociación ?se suma aos colectivos que piden que o galego sexa oficial nestes territorios onde historicamente se fala?.
Creo que se entiende. Las criticas a la política de la Xunta son por incumplir las normas en vigor a favor del gallego. El informe al que el art. se refiere es del Consello de Europa.
Galicia Bilingüe es, a pesar de su nombre, monolingüe en castellano.