Golpea varios policías tras abarrotarse a pasteis e negarse a pagalos
, A Pobra
19/03/2012 - Galiciaé LV / Axencias
Un home de 36 anos foi detido o sábado pasado tras agredir a un policía local logo de abarrotarse a pasteis e negarse a pagalos nun establecemento da Pobra, aínda que hoxe quedou en liberdade tras prestar declaración xudicial, informaron fontes da investigación.
Sobre as 19.15 horas do sábado, a policía recibiu unha chamada alertando de que un individuo, J.R.C.F., de 36 anos, non se cansaba para comer pasteis, algún dos cales recollera directamente dos expositores, e que se negaba a pagalos.
O home recibiu os axentes con insultos e logo con patadas e puñadas, polo que foi reducido. Unha vez inmobilizado, foille intervida unha navalla cunha folla de sete centímetros.
Namentres, a parella que onte agrediu na Pobra a outro axente da Policía Local de paisano en represalia por dúas denuncias anteriores tamén quedou hoxe en liberdade tras prestar declaración.
O axente agredido paseaba coa súa esposa cando unha muller o insultou pola sanción de tráfico, por unha contía de 200 euros, que lle impuxo un mes antes e cuxa notificación acababa de recibir.
Nun momento dado, a muller, M.I.T.R., de 37 anos, abalanzouse sobre o axente mentres que o seu acompañante, D.L.T., de 39 anos, tirouno ao chan e ameazouno con cravarlle unha xiringa.